Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vacas de leite protagonizan a clausura de CIMAG GANDAGRO

As vacas de leite protagonizan a clausura de CIMAG GANDAGRO

Os concursos de raza frisoa ateigaron o recinto feiral

Acadouse a máxima participación, en asistencia e actividades

G24.gal 04/03/2023 21:05 Última actualización 04/03/2023 21:11

O primeiro gran concurso do ano de vacas frisoas en Galicia non defraudou nin polo número de asistentes nin pola calidade dos animais que competiron. Un escaparate de luxo para un sector que busca a innovación e a remuda xeracional.

Tamén houbo espazo en Gandagro para outras razas diferentes de vacún, como as procedentes de Austria. E é que a cabana leiteira galega é cada vez máis heteroxénea e profesionalizada.

Para acadar os niveis actuais de produción de leite en canto a calidade e cantidade foi preciso un intenso traballo xenético nas últimas décadas, un traballo que aínda ten moitas posibilidades de mellora nos vindeiros anos, como se reflectiu en Silleda.

Numerosas empresas de fóra de Galicia quixeron estar presentes en Gandagro. E é que a capacidade do sector leiteiro galego supón o mellor reclamo.

A degustación de carne de vaca galega serviu para pechar a feira co mellor sabor de boca posible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade