Publicador de contidos
Publicador de contidos

As xeadas e a seca de xaneiro prexudican a campaña do grelo

As xeadas e a seca de xaneiro prexudican a campaña do grelo

En Vedra falan de perdas dun 40 % da produción 

A escaseza pode subir os prezos ás portas da tempada alta de cocidos

G24.gal 07/02/2022 15:07

Achégase o tempo de cocidos, e semella que a pandemia dará tregua para xuntarse... pero os que estarán máis caros e difíciles de atopar serán os grelos. Loli Alvela, produtora de grelos de Vedra, di que "este ano hai poucos e os custos medran porque da moito máis traballo elixilos e hai menos produción".

A Loli cústalle apañar cada feixe máis do normal, despois de semanas encadeando tempo seco e xeadas moitos están queimados e teñen que quedar na leira. "A primeira hora parece que están cocidos na pota, tirados e cubertos de xeada, despois cústalles levantar e quedan as follas moi queimadas, amarelas, con manchas", explica Loli.

Aquí en Vedra calculan que as perdas rozan o 40 % da produción. E seguen pendentes do ceo por se un cambio no tempo lles puidese salvar o que queda de campaña. "Se veñen días de chuvia e temperaturas máis suaves estariamos a tempo de recuperar algunha planta que non se estragara de todo", matiza Pepe Alvela, xerente da envasadora de horta Viúva de Parada e Alvela.

Despois dunha primeira selección no campo, teñen unha segunda criba no almacén, de xeito que os poucos grelos que dan chegado ao mercado teñen, iso si, a calidade e o sabor de todos os anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar