Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así se viviu no Pazo o triunfo do Obradoiro no derbi galego

Así se viviu no Pazo o triunfo do Obradoiro no derbi galego

G24.gal 24/12/2023 14:38

Foi un derbi de idas e de vidas. De voltas e de revoltas, de subidas e de baixadas no que gañou o que máis paciencia tivo e mellor controlou as emocións. O Obradoiro.

Entre os que chegaban, Carmen Lence, como nova presidenta do Breogán.

E tamén unha estrela con pasado NBA coma Ben McLemore que comprobou de primeira man como é a vida no Pazo.

E mentres uns viñan, outros xa tiñan preparada a maleta para marchar. Ese era o caso de Justin Anderson que se quixo botar o equipo as costas para darlle unha vitoria.

Pero rematou esmagado polo peso da súa propia excitación, como reflicten as seis perdas cometidas. 

Esta de banda, con 84-87, acabou resultando decisiva.

E xa postos en festas, tamén foi tempo de regresos, como o de Rigoberto Mendoza que voltou a casa Obradoiro polo Nadal cunha actuación impecable con cinco de cinco no tiro, mate incluído. "Estiven adestrándome as dúas últimas semanas, adestramento completo con contacto e, a verdade, síntome moi ben".

De todos os xeitos, foi un derbi como os de toda a vida. 

Cun grande ambiente....

De loita aberta e sen concesións....

E cos mesmos protagonistas dos últimos anos. Dun lado Moncho Fernández que viviu o seu duodécimo encontro de rivalidade ligueira coa mesma paixón dos once anteriores.

Do outro, os irmáns Quintela. Sergi foi o xogador máis valioso do partido con 19 puntos anotados e vinte e sete de valoración, o seu mellor rexistro histórico na ACB, pero tivo que abandonar antes de tempo por un golpe que o deixou K.O.

Erik tivo unha participación máis discreta, pero axudou a recortar diferenzas e puxo cordura cando o equipo toleaba. "Non se pode estar sobreexcitado nestes encontros, hai que xogalos con moita intensidade, pero aparte de esa sobreexcitación e dese estado de ánimo moi activo tes que ter a cabeza preparada tamén".

O encontro rematou con Tinkle sinalándolle a Anderson o marcador final e o Breogán agradecendo o público os servizos prestados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos