Athenea marca o primeiro gol da Liga F con Tere Abelleira como indiscutible
Athenea marca o primeiro gol da Liga F con Tere Abelleira como indiscutible
A ex-xogadoras do Deportivo foron protagonistas no triunfo do Real Madrid en Valencia (0-2)
A temporada na liga feminina comezou coa vitoria do Real Madrid e con gol de Athenea del Castillo. A ex-xogadora do Deportivo, que durante a tarde do venres estivo na boca de todos polo feito de non asinar o comunicado que 39 xogadoras secundaron, marcou cando non se levaba nin un minuto de partido.
Tere Abelleira tamén foi titular demostrando o gran momento que vive na súa carreira. O Real Madrid non sentenciou ata o minuto 73 cando unha xogada da tamén campioa Olga Carmona foi rematada por Feller.
0 - Valencia: Salón, Real, Florentino, Molina, López, Carro, Serena, Estela, Ainhoa, Asun, Portales -once inicial- Fiamma (46’), Chacón (46’), Martí (64’), Marcos (74’), Sancho (88’).
2 - Real Madrid: Misa, Abelleira, Rocío, Toletti, Olga, Bruun, Weir, Ohiane, Kathellen, Caicedo, Athenea -once inicial- Raso (60’), Feller (60’), Robles (75’), Zornoza (76’), Møller (88’).
Goles: 0-1, m.1: Athenea del Castillo, 0-2, m.71: Naomie Feller