Cargando resultados...
Investigan se o corpo atopado no río Ulla é o do home desaparecido en Teo a finais de marzo
Investigan se o corpo atopado no río Ulla é o do home desaparecido en Teo a finais de marzo
O corpo atopouse na área recreativa de Agronovo en Vedra
G24.gal
17/04/2023 16:51
Última actualización 17/04/2023 19:48
Atopan un corpo sen vida no río Ulla, na fronteira entre as provincias da Coruña e Pontevedra.
O cadáver apareceu sobre as 11.30 deste luns preto da ponte de Gundián, que conecta os concellos de Vedra (A Coruña) e A Estrada (Pontevedra).
O corpo correspóndese co dun home, pero polo momento descoñécese a súa identidade.
O equipo forense trata de determinar se se trata de Óscar García, o home de 62 anos desaparecido en Teo o pasado 29 de marzo.