Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atrancos puntuais ou danos polas obras protagonizan constantes caídas en Lugo

Atrancos puntuais ou danos polas obras protagonizan constantes caídas en Lugo

A base do Miliario derrubado é o último dos atrancos

As lousas levantadas polas obras e os cambios do tráfico provocan caídas case a diario

G24.gal 11/03/2025 14:06

A base metálica do accidentado Miliario, aínda por repoñer, é o último dos atrancos co que tropezan moitos lucenses.

"Vímolo onte, e non sei se caeu alguén, pero tal e como está todo non me estraña".

Pero en xeral a zona histórica é para moitos toda unha carreira de obstáculos.

"Pola rúa nova e por San Marcos é imposible andar as persoas que temos dificultade".

As obras de peonalización están detrás dos cambios na configuración do tráfico e a convivencia de peóns e condutores non é sinxela.

"Peonalización, pero os coches teñen que pasar, e uns por alí, ti por aquí, é impresionante".

O paso dos vehículos estraga as lousas e son constantes os tropezos e as caídas.  

"É un desastre porque arranxan por un lado e estrágase polo outro e encima está caendo xente".

"Deixa moito que desexar, esperemos que corten pronto o tráfico e se arranxe porque caeu moita xente maior".

Para evitar máis incidentes moitos propoñen unha mellor sinalización dos atrancos.

"Había que sinalizar onde hai plaquetas levantadas cun cono ou cunhas fitas".

Cómpre estar atento e mirar ben por onde se pisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade