Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a chegada de turistas no 2021, pero aínda lonxe das cifras prepandemia

Aumenta a chegada de turistas no 2021, pero aínda lonxe das cifras prepandemia

Galicia recibiu 770.000 turistas estranxeiros en 2021

No 2019 superouse o millón e medio de visitantes

G24.gal 02/02/2022 15:10

No último ano, a chegada de turistas estranxeiros a Galicia medrou un 43 % con respecto a 2020. Malia esta repunta, as cifras aínda están lonxe das que se acadaron antes da pandemia.

Segundo recolle a enquisa Frontur do INE, Galicia recibiu o pasado ano algo máis de 770.000 turistas estranxeiros. Son un 43 % máis ca nun 2020 marcado polas restricións e a pandemia, pero son menos da metade dos que recibimos en 2019, cando se superou o millón e medio de visitantes foráneos.

Aquí e no resto do Estado o número de visitantes internacionais e o seu gasto foi de menos a máis ao longo de 2021, polo que se agarda que este 2022 sexa o ano da recuperación definitiva do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade