Cargando resultados...
Aumenta a tensión no conflito pola recollida de lixo na Coruña
Aumenta a tensión no conflito pola recollida de lixo na Coruña
Os estragos causados polas sabotaxes superarían os 500.000 euros
G24.gal
27/02/2022 21:16
Sobe a tensión no conflito coa recollida do lixo na Coruña, unha situación coa que conviven os cidadáns desde mediados da semana. O lixo continúa amoreándose por toda a cidade e tamén continúan os incidentes. Durante a última madrugada os bombeiros tiveron que sufocar ata sete lumes en colectores e papeleiras.
A empresa concesionaria do servizo cuantifica en máis de medio millón de euros os danos causados polas sabotaxes e anuncia que iniciará accións xudiciais contra os responsables. Ademais, abriu expedientes pola conduta de brazos caídos dunha parte do cadro de persoal.