Cargando resultados...
Aumentan a nove os positivos por ómicron en Galicia
Aumentan a nove os positivos por ómicron en Galicia
Cinco novos casos detectáronse na área sanitaria da Coruña
G24.gal
13/12/2021 20:18
O Sergas confirmou este luns cinco novos casos pola variante ómicron en Galicia. Todos están na área sanitaria da Coruña.
Con estes novos contaxios xa son nove o total dos contaxiados con esta variante tras os catro casos detectados a semana pasada en Vigo e nesta mesma cidade. Ningún dos nove está hospitalizado.
Quedan outros tres novos casos pendentes de secuenciación para confirmar se tamén están infectados coa variante identificada en Suráfrica o mes pasado.