Publicador de contidos
Publicador de contidos

Austria esnaquiza os prognósticos e relega a Francia e os Países Baixos

Austria esnaquiza os prognósticos e relega a Francia e os Países Baixos

Os austríacos gañaronlle ao equipo de Koeman por 2-3 nun partido espectacular

Aproveitaron o sorprendente empate (1-1) de Francia con Polonia para rematar como primeira de grupo

G24.gal 25/06/2024 20:35

Austria esnaquizou todos os prognósticos e acabou como primeira nun grupo no que era a teórica cincenta e no que comezara perdendo o primeiro partido. Espectacular o encontro diante dos Países Baixos (2-3), enque se adiantaron cun autogol de Malen no primeiro tempo. 

Gakpo parecía poñer as cousas no seu sitio ao comezo do segundo tempo, pero Romano Schmid marcaba o 1-2 no minuto 60. Memphis Depay volveu a igualar o encontro ata que no 80 Sabitzer marcou o definitivo 2-3. Ese resultado permitíalle rematar por diante dos Países Baixos pero a sorpresa aínda foi meirande. 

Francia decepciona con Mbappe de titular

A selección francesa, na que volvía Mbappe, aseguraba o primeiro posto cun triunfo diante da eliminada Polonia. Dominou, xerou oportunidades e a estrela do Real Madrid marcou de penalti no minuto 59. Todo apuntaba a que Francia remataría como primeira con sete puntos ata que Lewandowski igualou con outro penalti. O resultado deixa a Francia no segundo posto e irá por unha parte do cadro temible na que xa están España e Alemaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos