Autocrítica no vestiario celeste: "Temos que traballar para saír desta mala xeira"
Autocrítica no vestiario celeste: "Temos que traballar para saír desta mala xeira"
Fran Beltrán considera que se atopan nun momento clave na temporada
Iker Losada: "Estos partidos son os que deciden se estás arriba ou abaixo"
O vestiario celeste estaba moi amolado despois de perder en Mestalla diante do Valencia (2-1). Un dos capitáns, Fran Beltrán, falou claro para os micrófonos de Celta Media. "Non conseguimos sacar puntos desde que comezou o ano. Non estamos na merda nin antes estabamos tan ben. Hai que traballar para volver á senda na que estabamos. É un momento clave e temos que afrontar cada partido como se fose o último" comentou o centrocampista.
Íker Losada volvía a vestir a camisola do Celta despois do seu paso polo Rácing e o Betis. O de Catoira estaba contendo por ese feito pero triste polo resultado porque considera que este tipo de partidos "son os que acaban marcando si vas a estar arriba ou pelexando por non estar abaixo".