Cargando resultados...
Segunda vitoria seguida dun Coruxo que apunta cara a arriba
Segunda vitoria seguida dun Coruxo que apunta cara a arriba
Gañoulle ao Llanera por 1-0 cun penalti transformado por Álex Rey
G24.gal
02/02/2025 19:05
O Coruxo sumou a segunda vitoria seguida e afástase dos postos baixos da clasificación nun momento decisivo da temporada. O gol de Álex Rey despois dun penalti clarísimo cometido sobre Fer Martínez chegoulle aos de David de Dios para festexar a vitoria.
O Llanera tamén chegaba á cita coa ambición de saír da praza de descenso. Foi un partido moi descontrolado, no que o xogo no centro do campo apenas existiu. O Coruxo controlou ese temperán gol de Álex Rey e só sufriu no treito final da primeira metade cando o equipo asturiano se achegou con perigo sobre a porta de Alberto Domínguez. Debutou coa camisola do Coruxo o lateral Samu Araújo.