Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso especial nas Canarias polo achegamento da tormenta tropical Hermine

Aviso especial nas Canarias polo achegamento da tormenta tropical Hermine

Malia que non vai impactar de cheo no arquipélago, deixará precipitacións intensas e persistentes

As autoridades prepáranse para recibir o ciclón Hermine As autoridades prepáranse para recibir o ciclón Hermine
G24.gal 24/09/2022 08:26 Última actualización 24/09/2022 08:48

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) emitiu un aviso especial de fenómenos adversos polo achegamento da tormenta tropical Hermine ás Canarias.

Segundo as previsións, non vai impactar de cheo no arquipélago pero deixará precipitacións intensas e persistentes. Os seus efectos comezarán sentirse este mediodía na illas occidentais.

A partir das 15:00 horas, Tenerife, A Palma, A Gomera e O Hierro rexistrarán choivas que acumularán 60 litros por metro cadrado, ventos con refachos de ata 70 quilómetros por hora e tormentas.

A situación empeorará na medianoite, e durante todo o domingo, cando o ciclón chegue tamén a Gran Canaria, Lanzarote e Fuerteventura.

Entón agárdanse choivas moi fortes nalgunhas zonas, de 100 litros por metro cadrado, haberá tormentas en todo o arquipélago e manteranse os ventos fortes nas illas occidentais.

Prevese que a situación mellore durante a mañá do luns, aínda que as choivas, o vento e as tormentas manteranse durante a primeira parte desa xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade