Cargando resultados...
Aviso laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña
Aviso laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña
As ondas poderían superar este martes os 8 metros litoral de Pontevedra
G24.gal
26/03/2024 14:26
A situación no litoral vai empeorando segundo avanza a xornada. A acción combinada de vento do sur e o mar de fondo deixa nesta xornada ondas de entre 5 e 7 metros. Foi unha xornada complicada para percebeiros e mariñeiros, que non volverán pescar xa ata o próximo luns. Agárdase que á última hora da tarde as ondas poidan superar os 8 metros na costa de Pontevedra.
Os turistas que estes días visitan Galicia, dende terra, quedan impactados coa forza do mar, pero cómpre sempre extremar precaucións. A situación será semellante polo menos ata o xoves pola noite, polo que os mariñeiros non retomarán xa o traballo ata a vindeira semana.