Aviso laranxa para este martes por temporal na costa da Coruña e Pontevedra
Aviso laranxa para este martes por temporal na costa da Coruña e Pontevedra
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques e paseos marítimos
Pide que se extremen as medidas de seguridade en relación coas actividade no mar
A Xunta activou para este martes un aviso laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra. O Goberno autonómico informou de que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, o fenómeno meteorolóxico por vento comezará a última hora deste luns, con vento do sur ou suroeste de forza 8 ao sur do Cabo Vilán e con ondas de ata sete metros.
Esta situación afecta a toda a costa de Pontevedra e ao oeste e suroeste do litoral coruñés. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques e paseos marítimos, e que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.
Na xornada deste martes, boa parte de Galicia estará en alerta amarela por choivas e vento. Na Coruña, as precipitacións acumuladas en 12 horas poderán superar os 40 litros por metro cadrado no oeste e suroeste da provincia.