Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de fortes ventos en Galicia con refachos de máis de 115 km/h en Vimianzo

Xornada de fortes ventos en Galicia con refachos de máis de 115 km/h en Vimianzo

Aviso laranxa este domingo por temporal costeiro na Coruña e Pontevedra

Agárdase unha xornada de temporal con chuvieiras intensas no oeste da Coruña e o suroeste de Ourense

Pesqueiro no litoral da Coruña
G24.gal 17/12/2022 22:53 Última actualización 18/12/2022 13:15

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidenta segunda da Xunta activou para este domingo unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Os ventos son especialmente intensos na costa. O refacho máximo na mañá do domingo rexistrouse en Vimianzo con máis de 115 quilómetros por hora.

Así, espérase vento do sur de forza 8 e de forza 9 entre Vilán-Sisargas e entre Fisterra-Sisargas. Agárdanse ondas de entre 5 a 6 metros de altura na Costa da Morte e nas Rías Baixas.

A profunda borrasca vén con humidade, que obtivo nos trópicos. Hai avisos por chuvia no oeste da Coruña e no suroeste de Ourense por acumulación de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, entre as seis da mañá e as 18 horas do luns.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa e recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar, así como revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Aconsella consultar as páxinas web da Central Integrada de Atención ás Emerxencias-112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

MeteoGalicia MeteoGalicia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade