Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avisos por forte vento en terra e no mar

Avisos por forte vento en terra e no mar

Agárdanse refachos máximos de 100 Km/h e ondas de ata seis metros de altura

G24.gal 30/03/2023 14:03

Malia que a primeiras horas a mañá estivo solleira e tranquila, contra o mediodía activouse un aviso laranxa por fenómenos costeiros con ondas de ata seis metros de altura en boa parte de Galicia.

E con esta situación, foron moitos os mariñeiros que tiveron que quedar en terra. Malia que algúns, coma os naseiros de Malpica, por exemplo, si puideron saír porque traballan en zonas de máis abrigo.

E aviso laranxa tamén en terra por fortes refachos de vento. No noroeste da provincia da Coruña agárdanse refachos máximos de 100 quilómetros por hora. No oeste e no interior da Coruña o aviso é amarelo con refachos máximos entre os 95 e 85 quilómetros por hora.

Con todo, o aviso por vento en terra quedará desactivado contra a medianoite. Pero o temporal marítimo vai continuar durante a xornada deste venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade