Publicador de contidos
Publicador de contidos

Belén Toimil afronta o dobre obxectivo do título nacional e a mínima mundialista

Belén Toimil afronta o dobre obxectivo do título nacional e a mínima mundialista

A lanzadora de Mugardos é a gran favorita para lograr un novo título en terras levantinas

G24.gal 28/07/2023 11:54 Última actualización 28/07/2023 11:59

A plusmarquista nacional de lanzamento de peso Belén Toimil ten o vindeiro domingo no campionato de España absoluto en Torrent (Valencia) o dobre obxectivo de revalidar o título e buscar a marca mínima esixida (18,35 metros) para o mundial de Budapest (Hungría) de finais de agosto.

Será a última oportunidade para a atleta galega de lograr o rexistro esixido pola Federación Española de Atletismo, a pesar de que por clasificación por puntos contaría con praza asegurada, despois de que o pasado mércores quedara lonxe do obxectivo (17,23) no control celebrado no Centro de Alto Rendemento (CAR) de León.

Toimil, a pesar de xogarse o billete mundialista, non sente "ningunha presión engadida, por ter a convicción de tentalo durante toda a tempada e, por unhas ou outras cousas, non acabou de saír esa gran marca que quizá era a consecuencia do traballo realizado", sinala a EFE.

A lanzadora de Mugardos é a gran favorita para lograr un novo título nacional en terras levantinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade