Publicador de contidos
Publicador de contidos

Belén Toimil acariña o bronce nos europeos de atletismo

Belén Toimil acariña o bronce nos europeos de atletismo

A mugardesa foi quinta no lanzamento de peso e durante boa parte da proba estivo na terceira praza cun mellor lanzamento de 18,43

G24.gal 07/06/2024 22:28

Belén Toimil rozou a medalla de bronce no europeo de atletismo. A atleta mugardesa fixo un segundo lanzamento de 18,43 que a colocou no terceiro posto. Por detrás das dúas neerlandesas (Schilder logrou o ouro con 18,77) foron pasando os lanzamentos sin que ningunha das súas rivais conseguise mellorar os rexistros. 

Aguantou ata o quinto intento da alemá Ogunleye que se foi ata os 18,62 e quitou do podio a Toimil. No derradeiro tamén Kenzel, con 18,55 mellorou o seu rexistro e tivo que conformarse a galega cun quinto posto que deixa moi bo sabor de boca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos