Publicador de contidos
Publicador de contidos

Belén Toimil non acada a final do lanzamento de peso

Belén Toimil non acada a final do lanzamento de peso

A mugardesa fixo un único intento válido e quedouse nos 16,83 metros

Queda apeada dos xogos ao non meterse entre as finalistas da proba

Belén Toimil, nun dos seus intentos. EFE Belén Toimil, nun dos seus intentos. EFE
G24.gal 08/08/2024 12:08

Non puido ser para Belén Toimil. A mugardesa fixo un só lanzamento válido dos seus tres intentos e chegou aos 16,83 metros, unha distancia insuficiente para entrar na gran final. Con este resultado, Toimil queda apeada dos Xogos Olímpicos de París.

O primeiro lanzamento foi nulo ao non poder aguantar dentro do cículo e pisar fóra. O segundo foi válido, pero a galega quedouse moi lonxe da súa mellor distancia con 16,83 metros. O terceiro foi nulo tamén.

Unha participación efímera a de Belén Toimil, que, aínda que non pasou de rolda, demostrou o seu compromiso e a súa naturalidade na pista. Rematado París, a ollada ponse nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles, aos que pode chegar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade