Belén Toimil logra a mellor marca do ano e fai a mínima para os xogos
Belén Toimil logra a mellor marca do ano e fai a mínima para os xogos
Nunha proba na República Checa, a mugardesa foise ata os 18,38
A mugardesa Belén Toimil demostrou o gran momento de forma polo que pasa logrando nunha proba na República Checa un rexistro en lanzamento de peso de 18 metros e 38 centímetros. Con el superou a marca mínima establecida pola Federación Española para estar nos vindeiros Xogos Olímpicos.
Belén Toimil estivera preto deses rexistros no Campionato de España en pista cuberta celebrado o sábado en Ourense (18,18). A súa secuencia de lanzamentos tres días despois foi moito mellor e conseguiu a mellor marca da temporada. Nos catro primeiros lanzamentos andou arredor dos 18 metros. No quinto conseguiu un gran 18,23 e foi no sexto e último lanzamento no que logrou o rexistro de 18,38.
Aínda lle queda un paso para estar nos 18,80 con que conseguiu ser olímpica en Tokyo 2020, pero a progresión da galega en ano olímpico fai que soñe con repetir experiencia.