Cargando resultados...
Belén Toimil segue sendo a raíña do lanzamento de peso español
Belén Toimil segue sendo a raíña do lanzamento de peso español
Terceiro título consecutivo para a mugardesa, cun lanzamento de 17,80
G24.gal
24/06/2022 21:47
Belén Toimil segue a ser a raíña indiscutible do lanzamento de peso en España. Proclamouse campioa por terceiro ano consecutivo, cun mellor lanzamento de 17 metros e 80 centímetros.
Toimil non atopou rivais de entidade. Mónica Borraz quedou a case dous metros da mugardesa (15,98) para acadar a prata e Ane Torres, con 14.05, levou o bronce.
Presente nos últimos Xogos Olímpicos, Belén Toimil estivo lonxe da súa mellor marca acadada xusto antes da cita olímpica, con 18,80, récord de España.