Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos volve acoller unha carreira solidaria para axudar persoas con esclerose múltiple

Betanzos volve acoller unha carreira solidaria para axudar persoas con esclerose múltiple

Será a segunda edición dunha proba organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple

G24.gal 09/09/2023 15:42 Última actualización 09/09/2023 15:52

Será unha carreira cuxo obxectivo é sensibilizar a poboación sobre esta enfermidade, con moita incidencia en Galicia, e buscará recadar fondos para axudar as persoas que a sofren e as súas familias. Ademais da competición propiamente dita, haberá actividades de animación, como zumba ou dj.

No Galicia en Goles conversaron con Sonia García Erias, presidenta de ACEM.

"É a segunda edición e agardamos máis participación que o ano pasado, que coincidía coa carreira da muller na Coruña.  O ano pasado xuntamos en Betanzos máis de 300 persoas e recadamos 1.700 euros. Agardamos mellorar estas cifras. Seguimos en Betanzos porque o Concello dá moitas facilidades e porque Chopín, que é o que organiza todo, é de alí. O que se recade irá destinado a manter os servizos de fisioterapia, psicoloxía e asesoramento aos pacientes e ás súas familias".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos