Publicador de contidos

Publicador de contidos

BioNTech considera necesaria a terceira dose de Pfizer pola virulencia da variante ómicron

BioNTech considera necesaria a terceira dose de Pfizer pola virulencia da variante ómicron

O fundador de BioNTech é partidario de inocular esa terceira dose de refresco aos tres meses

G24.gal 10/12/2021 07:58

O xefe de BioNTech, a farmacéutica alemá asociada a Pfizer, considera necesaria a terceira dose da vacina contra a covid–19 debido á virulencia da variante ómicron.

Estudos preliminares levados a cabo pola farmacéutica indican que a pauta completa, con dúas doses da vacina, non dá a inmunidade suficiente fronte á ómicron. O fundador de BioNTech é partidario de inocular esa terceira dose de refresco aos tres meses e non descarta que sexa necesaria unha cuarta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade