Borja Jiménez, solidarizouse "con toda a xente do Estremadura"
Borja Jiménez, solidarizouse "con toda a xente do Estremadura"
O preparador deportivista comentou que fixo "a mesma rutina de cada semana"
O adestrador do Deportivo, Borja Jiménez, solidarizouse este venres "con toda a xente do Estremadura" que decidron poñerse en folga e non xogarán en Riazor.
Borja Jiménez: "a primeira vez que adestrei en fútbol profesional entramos en concurso de acredores. Solidarízome con toda a xente do Estremadura que o estará pasando mal. Son situacións difíciles de entender e controlar, pero opinar desde a distancia creo que é meter a pata. Hai que respectar o que eles fagan. A semana para nós foi normal", dixo en rolda de prensa.
O preparador deportivista comentou que fixo "a mesma rutina de cada semana, con vídeos, análises, adestramentos intensos e longos".
#OSNOSOS | Borja Jiménez mantén o ritmo de traballo a pesar da folga confirmada no Extremadura UD https://t.co/iCy8C7dE6Y pic.twitter.com/Qkoq8bMmo0
— RC Deportivo (@RCDeportivo) November 12, 2021