Cargando resultados...
Brais González: "Para os compositores recibir o encargo dunha ópera é o Graal"
A ópera Loba branca estreouse en Italia, no Festival delle Nazioni de Città di Castello
Loba branca, escrita en galego, é unha adaptación dunha lenda tradicional da Serra do Courel
G24.gal
24/10/2022 17:17
Desde as aldeas do Courel ata a rexión de Umbría, en Italia, chegou a lenda da Loba Branca. Brais González converteu esta historia de respeto á natureza nunha ópera en que se mestura o galego co italiano. Loba branca foi estreada no festival e Cittá de Castelo. O compositor e autor do libreto, Brais González, é ademais un músico deses que non paran. É un dos fundadores de CASPERVEK, unha formación que lle pon son e emocións as películas mudas. E ademais acaban de publicarlle dúas obras en Universal Edition, unha delas estreada en Caracas.