Brais Méndez abraia na Champions cun golazo en Salzburgo
Brais Méndez abraia na Champions cun golazo en Salzburgo
A Real Sociedade venceu por 0-2 con outra actuación decisiva do de Mos, que levou por segunda vez consecutiva o premio ao mellor xogador do partido
A irrupción de Brais Méndez na Liga de Campións está a ser de impacto. Dous partidos e dous grandes goles do de Mos, que encadea actuacións brillantes na máxima competición continental.
No segundo partido da fase de grupos, a Real Sociedade logrou unha vitoria fundamental no campo do Salzburgo (0-2). Marcaron Oyarzabal no minuto 7 e Brais Méndez no 27. O gol do xogador galego foi a acción do partido. Unha condución de 60 metros que Brais culminou cun remate cruzado.
Conducción, amago, finta y a guardar.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
El ??𝐎𝐋𝐀𝐙𝐎 de Brais Méndez. #LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/Su6o8mzT3k
Despois de dúas xornadas a Real suma catro puntos, o do empate ante o Inter e a vitoria en Austria. Unha boa bagaxe para afrontar a terceira xornada con opcións reais de meterse nos oitavos de final.
🎻 En la casa de Mozart quien toca el violín es Oyarzabal.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
Maravilloso pase a la red. #LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/vnOg0mmGyb