Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán perde en Manresa (83-68) e segue no penúltimo posto da ACB

O Breogán perde en Manresa (83-68) e segue no penúltimo posto da ACB

Os de Mrsic foron por detrás no marcador practicamente todo o partido

A diferenza superou os vinte puntos nos últimos tres minutos

O gran partido de McLemore, con 15 puntos, non lles abondou aos lugueses

Foto: EFE
G24.gal 27/01/2024 21:32

Visitaba o Breo o Manresa nun partido vital para a loita pola permanencia. Comezaron poñéndose por diante pero rápido trocaron as tornas. Desde o comezo o Manresa impuxo o ritmo e a distancia no partido. O Breogán tentou acercarse pero non foi quen de achegarse a puntuación local. Chegou a estar a só un punto no segundo cuarto. Co paso dos minutos a distancia aumentou. En parte, grazas a Badio que logrou 11 puntos na primeira metade. Sergi Quintela maquillou o resultado con dous tiros libres no último segundo pero o resultado foi demoledor. 40-28 ao descanso.

No intercambio de canastras que subiu a produción anotadora dos dous equipos no terceiro cuarto, a diferenza mantívose case inalterable. O Breogán, iso si, gañou o parcial por 22-23 con 8 puntos de Ben McLemore encabezando a anotación.

No último cuarto mantívose o intercambio ata que, unha tripla de Badio elevaba a renda ata os dezasete puntos, e obrigaba a Mrsic a pedir tempo morto. O parcial era de 10-4 en tres minutos. E non mudou a situación. Manresa seguiu ampliando unha renda que superou os vinte puntos a dous minutos e medio para o final. Quedaba rematar o partido e certificar unha derrota que mantén ao Breogán na penúltima praza con so seis triunfos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos