Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas propón conceder o estatus de candidato á UE a Bosnia e Herzegovina

Bruxelas propón conceder o estatus de candidato á UE a Bosnia e Herzegovina

A decisión sobre a súa integración decidirase no mes de decembro

Bruxelas marcoulle "catorce prioridades" ao país balcánico, entre elas a prohibición da tortura, garantir o dereito de asilo e a liberdade de prensa

Imaxe de arquivo da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen Imaxe de arquivo da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen
G24.gal 12/10/2022 16:33

A Comisión Europea recomendou este mércores que se lle conceda o estatuto de candidato á Unión Europea a Bosnia e Herzegovina por parte do Consello Europeo.

"Outorgar o status de candidato é un ofrecemento, unha oferta que fai Europa a Bosnia e Herzegovina e ao pobo de Bosnia e Herzegovina. Nós facémolo pola poboación, pola xente de Bosnia e Herzegovina, pero este ofrecemento vén con expectativas elevadas", anunciou hoxe o comisario de Veciñanza e Ampliación, Olivér Varhely.

Agora, engadiu, tócalle a quenda á "elite" do país balcánico para "transformar esta oferta en realidade despois das eleccións xerais do 2 de outubro".

Neses comicios producíronse as vitorias de varios políticos moderados, o que abre a posibilidade de cambios nun país ata o de agora profundamente dividido entre bosníacos (musulmáns), serbios e croatas, os tres chamados "pobos constitutivos".

"Esperamos que os lexisladores e o goberno e demais entidades do Estado se centren nas reformas" marcadas pola Comisión Europea para conceder o estatuto de candidato ao país.

Bruxelas marcoulle "catorce prioridades" ás autoridades do país balcánico

O Executivo comunitario espera que adopten "de forma urxente" emendas para a integridade do Consello Superior do país, unha lexislación para a independencia da Fiscalía, unha lei sobre os tribunais de Bosnia e Herzegovina e unha lei sobre prevención de conflitos de interese.

Ademais, Bruxelas espera que tome decisións decisivas para loitar contra a corrupción e a delincuencia organizada, avance para garantir unha coordinación real en todos os niveis da xestión de fronteiras e de migracións e garanta o bo funcionamento do sistema de asilo, así como que garanta a prohibición da tortura cun mecanismo de prevención contra malos tratos.

Outra petición pasa por garantir a liberdade de expresión nos medios de comunicación e a protección de xornalistas e traballadores dos medios de comunicación.

Finalmente, a Comisión Europea solicitou que garanta o bo funcionamento do mecanismo de asuntos europeos desenvolvendo e adoptando un programa nacional para a adopción do acervo comunitario.

O comisario de Ampliación recalcou que o Consello Europeo tamén pediu aos líderes de Bosnia e Herzegovina que de forma urxente finalicen as reformas constitucional e electoral pendentes, que deben ser consideradas "como prioridade urxente".

O Consello Europeo adoptará a decisión sobre a incorporación de Bosnia o vindeiro mes de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade