Burela e Poio deléitannos cun grande espectáculo que acaba en empate
Burela e Poio deléitannos cun grande espectáculo que acaba en empate
Os dous mellores equipos galegos do momento igualaron nun partido emocionante (3-3)
Poio tivo o triunfo na man ao poñerse cun 1-3
O Burela e o Poio chegaban á cita empatados na segunda posición do campionato e manterán esa condición despois de ofrecer un gran espectáculo e empatar a tres goles.
Houbo moitas alternativas e diferentes momentos de partido. Adiantou Cilene ás da Mariña ao comenzar, e o Poio reaccionou e remontou antes do descanso. Laura Uña marcou o gol do empate e Lucí puxo o 1-2.
Irene García marcou no minuto 26 e deixaba a Burela contra as cordas. Pero as laranxas por algo son un dos mellores equipos do mundo. Malia non teren a mancada Peque, conseguiron empatar con goles de Jeny Santos e Dany nos últimos cinco minutos de partido.