A Copa da Raíña de fútbol sala queda sen representación galega
A Copa da Raíña de fútbol sala queda sen representación galega
Nunha final anticipada o Burela non estivo ao nivel agardado e perdeu co Futsi Navalcarnero por 5-1
O debutante Castro non estivo atinado en ataque diante do Alcantarilla
O Pescados Rubén Burela non poderá revalidar o título da Copa da Raíña que comezou en Alhaurín de la Torre (Málaga). As burelás gañaran as últimas cinco edicións deste torneo.
Pero esta tarde caeron en cuartos de final ante o Atlético Navalcarnero (4-1). No minuto 4 as madrileñas abrían o marcador, tralo roubo de Laura Córdoba remataba María Sanz. 1-0. O segundo gol foi obra de Becha, anota desde dentro da área. E antes do descanso chegaría o terceiro, boa carreira de Irene Córdoba que remata a xogada con este gol. Co 3-0 acababa a primeira parte. No segundo tempo Antía recurtou diferenzas pero Laura Córdoba acabou sentenciando o encontro con dous novos goles.
Outro dos partidos da tarde, foi o que enfrontou o Futsal Alcantarilla co Castro Bloques Cando. O equipo de Castro de Rei quedou eliminado. No minuto 7 Anita anota este gol tras un tiro con pouco ángulo, co 1-0 chegouse ao descanso. Tras o paso por vestiarios o conxunto murciano aumentou a súa vantaxe, Riscos anotaba este gol desde fóra da área no minuto 25. As galegas non foron quen de remontar e quedan eliminados en cuartos de final tras o 2-0 definitivo.