Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete minutos salvan a temporada do Noia Futsal

Sete minutos salvan a temporada do Noia Futsal

Gañoulle ao Betis por 4-2 logo de comezar perdendo por 0-2 e garante a permanencia na LNFS

Pirata foi o xogador destacado cun dobrete

G24.gal 04/05/2024 21:06

O Noia temía o peor, dous goles nun minuto, e pensando nun partido final agónico pola permanencia, pero apareceu Pirata, o heroe de Noia Futsal. No último minuto antes do descanso Pirata anotou un gol, tras o paso por vestiarios o partido parecía que non tiña moito máis que dar de si, pero o Noia non tiña dito a última palabra. 

Sete minutos servíronlle ao equipo galego para salvar a categoría, Lluc no minuto 31, outro de pirata no 34 que daba a volta o marcador, e o definitivo de Power no 38 dan ao Noia Futsal o premio da permanencia na máxima categoría do fútbol sala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar