Terceira vitoria seguida dun Liceo que segue subindo chanzos na clasificación
Terceira vitoria seguida dun Liceo que segue subindo chanzos na clasificación
Derrotou ao Calafell por 6-3 nun inicio de partido estelar de Arnau Xaus con tres goles
Jacobo Copa (18 anos) estreouse como goleador na OK Liga
O Liceo comeza a endereitar o rumbo na OK Liga. Superou o Calafell, equipo que chegaba como terceiro clasificado a Riazor, e puido intercambiar a posición co seu rival despois de sumar a terceira vitoria consecutiva.
Moito tivo que ver a grande entrada no partido de Arnau Xaus, que marcou tres goles nos primeiros sete minutos. Reaccionou o Calafell da man do exliceísta Sergi Miras (3-1). Foi o momento dos xogadores coruñeses do cadro liceísta. Bruno Saavedra, César Carballeira e Jacobo Copa (18 anos) marcaron cadanseu gol e ían dando cumprida resposta a cada tanto do equipo catalán. O partido acabou co resultado de 6-3.