Cargando resultados...
Poio e Burela xa coñecen os rivais na Supercopa de España de fútbol sala
Poio e Burela xa coñecen os rivais na Supercopa de España de fútbol sala
As da Mariña disputarán unha final anticipada contra o Futsi Navalcarnero
O Poio buscará superar a semifinal contra o Roldán murciano
G24.gal
09/01/2024 21:15
A Supercopa feminina de fútbol sala xa ten emparellamentos, e temos dous equipos galegos na disputa deste título. O torneo, que se celebrará en Torremolinos o vindeiro mes de febreiro, enfrontará o día 3 na primeira das semifinais o Pescados Rubén Burela e o Atlético Navalcarnero, os dous equipos gañadores das últimas once edicións da Supercopa.
Na outra semifinal enfrontaranse o STV Roldán e o Poio Pescamar. O día 4 será a gran final, en que podería haber dous representantes galegos. Os presidentes dos equipos de Galicia valoraron dun xeito moi positivo os enfrontamentos.