Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada colexio terá tests de saliva para o 25 % do alumnado de cinco a once anos

Cada colexio terá tests de saliva para o 25 % do alumnado de cinco a once anos

Empregaranse ante a aparición de casos esporádicos que non impliquen o peche da aula

G24.gal 16/01/2022 13:51

As escolas galegas de primaria comezarán a recibir este luns os tests de antíxenos de balde anunciados pola Xunta.

Das 55.000 unidades, 37.500 repartiranse directamente nos centros educativos. Proporcionarase a cada un o número de tests equivalente ao 25 % do seu alumnado de cinco a once anos.

Empregaranse baixo a supervisión da persoa coordinadora educovid de cada colexio cando aparezan casos esporádicos que non signifiquen a clausura da aula, é dicir, cando se rexistren menos de cinco positivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos