Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Alcaraz clasifícase para as semifinais do Aberto dos EUA tras vencer a Zverev

Carlos Alcaraz clasifícase para as semifinais do Aberto dos EUA tras vencer a Zverev

O tenista murciano enfrontarase este venres ao o ruso Daniil Medvedev, número 3 do torneo, por un posto na final

G24.gal 07/09/2023 07:42

O seguinte rival do tenista murciano é o ruso Daniil Medvedev, fronte ao que buscará mañá venres un posto na final.

Alcaraz superou nos cuartos de final do Aberto dos Estados Unidos o alemán Alexander Zverev con autoridade por 6-3, 6-2 e 6-4 en dúas horas e 30 minutos.

O vixente campión, que só perdeu unha rolda nos seus cinco partidos ata o de agora neste grand slam, volveu levar unha vendaxe na coxa esquerda e estivo perfecto nas súas oportunidades de break (catro de catro), está xa a só un só paso de disputar a final coa que todo o mundo suspira estes días en Nova York: un duelo no cumio contra o serbio Novak Djokovic, que xoga a súa semifinal contra o estadounidense Ben Shelton.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade