Bronce en dobres para o vigués Martín de la Puente e o madrileño Daniel Caverzaschi
Bronce en dobres para o vigués Martín de la Puente e o madrileño Daniel Caverzaschi
Impuxéronse á parella francesa formada por Federico Cattaneo e Stephane Houdet por 4-6, 6-4 e 10-5
O galego Martín de la Puente e o madrileño Daniel Caverzaschi lograron este venres a medalla de bronce en dobres dos Xogos Paralímpicos de París de tenis en cadeira de rodas ao impoñerse á parella francesa formada por Federico Cattaneo e Stephane Houdet por 4-6, 6-4 e 10-5.
O madrileño Daniel Caverzaschi, de 31 anos, e o vigués Martín De la Puente, de 25, primeiros españois en chegar tan lonxe nuns Xogos Paralímpicos, plantáronse neste partido tras gañar aos malaisiano Mohamad Bin Yusuf e Abu Samah Borhan en segunda rolda e en cuartos de final aos neerlandeses Tom Egberink e Maikel Scheffers.
En semifinais perderon cos xaponeses Takuya Miki e Tokito Oda, números dous do mundo, nun partido de moito desgaste que non minguou un chisco a súa ambición por colgaren unha medalla en Roland Garros.