Non todos os beneficiarios dun programa de bolsas nos EUA van poder gozar delas
Non todos os beneficiarios dun programa de bolsas nos EUA van poder gozar delas
A empresa encargada de organizar a viaxe di que non atopa familias para acoller máis dunha ducia deles
A previsión era que os 40 beneficiados co programa de bolsas do Concello xa estivesen ao longo de agosto nos Estados Unidos. Pero a realidade é que a día de hoxe moitos seguen na casa e cos visados xa caducados.
Conta a nai dunha das beneficiadas coas Bolsas USA que o martes recibiron un correo da empresa dicindo que non puideran conseguir aloxamento"
Esta explicación non convence as familias, que agora ven como ás présas teñen que recompoñer o futuro dos seus fillos, pensando tamén en todo o esforzo que fixeron para chegar ata aquí.
Moitos pais agardan aínda unha chamada porque o prazo para presentar opcións remata nas vindeiras horas.
O Concello da Coruña leva organizando este programa de bolsas dende o 2004 e del xa se beneficiaron máis dun milleiro de mozos. Pero tamén non é esta a primeira vez que xorden contratempos.