Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump estuda agora impoñer aranceis á importación de minerais críticos

Trump estuda agora impoñer aranceis á importación de minerais críticos

O obxectivo, di, é fortalecer a produción nacional, reducir a dependencia de provedores estranxeiros e mellorar a seguridade económica e nacional

 

Arquivo/Reuters Arquivo/Reuters
EFE 16/04/2025 08:48

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, iniciou unha investigación sobre a necesidade de impoñer aranceis á importación de minerais críticos, claves para a fabricación de tecnoloxía e para xerar enerxía renovable.

Apunta así a un novo sector clave da economía mundial que podería verse afectado pola crecente guerra comercial iniciada polo magnate neoiorquino desde que volveu á Casa Branca.

A orde, asinada por Trump este martes, esixe ao secretario de Comercio estadounidense, Howard Lutnick, que inicie unha investigación para "avaliar o impacto das importacións destes materiais á seguridade e resiliencia de Estados Unidos", determinando as "vulnerabilidades nas cadeas de subministración, o impacto económico das distorsións do mercado exterior e as posibles solucións comerciais para garantir unha subministración nacional segura".

"A investigación culminará nun informe que detallará os riscos e ofrecerá recomendacións para fortalecer a produción nacional, reducir a dependencia de provedores estranxeiros e mellorar a seguridade económica e nacional", segundo se tira do documento explicativo da Casa Branca.

No caso de que Lutnick presente un informe que determine que as importacións de minerais críticos ameazan con prexudicar a seguridade nacional e Trump decide impoñer aranceis neste sentido, "calquera taxa arancelaria resultante imposta (...) substituiría a taxa arancelaria recíproca actual" do 2 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade