Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA pídenlle a España que aumente o gasto en Defensa e elimine a taxa Google

Os EUA pídenlle a España que aumente o gasto en Defensa e elimine a taxa Google

O ministro español de Economía durante o encontro que mantivo na capital estadounidense co secretario do Tesouro dos EUA (Foto: Ministerio de Economía)
G24.gal 16/04/2025 09:19

O Departamento do Tesouro dos Estados Unidos fixo público un comunicado tras a reunión do seu secretario, Scott K. H. Bessent, co ministro español de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, no que detalla que, neste encontro, pedíuselle ao ministro un aumento do gasto en Defensa e a eliminación da chamada taxa Google.

"Durante as súas conversas, Bessent destacou a necesidade dun maior gasto en Defensa por parte de España no contexto da OTAN", sinalan.

Ademais, no encontro, o secretario do Tesouro norteamericano trasladoulle ao ministro Cuerpo "a oposición continuada dos Estados Unidos ao imposto sobre os servizos dixitais aplicado por España e outros países, así como a outras barreiras non arancelarias".

Desde o Departamento do Tesouro sinalan que Bessent e Cuerpo mantiveron conversas "francas" sobre cuestións relativas ao comercio entre os Estados Unidos e España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade