Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Canal, a aposta galega para gañar O Gran Camiño

Carlos Canal, a aposta galega para gañar O Gran Camiño

Delio Fernández tamén afronta coa máxima ilusión a que pode ser a súa última proba en Galicia como ciclista profesional

G24.gal 25/02/2025 21:03

O limiá Carlos Canal está entre o grupo de favoritos que afronta esta edición de 2025 de O Gran Camiño. Os dous últimos anos foi unha proba dominada con man de ferro por Jonas Vingegaard e polo equipo Jumbo Visma, o mellor do pelotón internacional. Para esta edición non hai un líder claro e Canal pode ser un dos que teña posibilidades de estar entre os mellores. 

O galego acaba de ser oitavo na Clásica de Xaén e undécimo na Volta a Murcia, carreiras que tomou como preparación para O Gran Camiño. Nesa lista están o dinamarqués Marcus Cort, o canadiano Derek Gee, o ecuatoriano Jefferson Cepeda, o belga Vansevenant, o noruegués Dversnes ou o uruguaio Éric Fagúndez. Por potencial Canal conta co mellor equipo de todos os que se presentan en Galicia formando parte dun ambicioso Movistar Team. 

Delio Fernández é outro dos galegos que está na liña de saída. O de Marín quere gozar ao máximo da que pode ser a súa última experiencia competindo nas estradas de Galicia. Os outros dous galegos que completan o pelotón na saída de Maia son os ciclistas do Tavfer Ángel Sánchez e Lois Dejesús. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade