Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Pereira, virólogo: "Sen control en terceiros países poden chegar novas cepas resistentes ás vacinas"

Carlos Pereira, virólogo: "Sen control en terceiros países poden chegar novas cepas resistentes ás vacinas"

"É probable que o virus quede con nós. Que sexa endémico e non pandémico dependerá do noso comportamento", asegura o profesor de viroloxía da USC 

"As coinfeccións virais son frecuentes é normais, o que en principio non incrementa o risco de gravidade, agás con patoloxías previas", di Carlos Pereira.

G24.gal 08/01/2022 10:05 Última actualización 12:30

Os investigadores sobre o comportamento da covid-19 insisten en que poden aparecer novas variantes do virus, e que non se pode predicir se van ser como a ómicron ou peores.

"Mentres haxa países sen vacinar, sen control da aparición de novas variantes é imposible saber como se vai comportar a infección", asegurou o profesor de viroloxía da USC no programa informativo Bos Días da TVG.

O experto di que a ómicron entrou rápido e foi máis eficaz que as anteriores para prevalecer. Pero advirte de que non se debe de estender a idea de que é máis leve.

"En países en que a vacinación está en niveis suficientemente altos todo indica que cursa con menor gravidade, agás en casos con patoloxías previas, pero entre os non vacinados si pode ser de alto risco. As vacinas si son efectivas e convenientes", insiste Carlos Pereira.

Para o virólogo será fundamental controlar a pandemia en terceiros países e intentar así evitar a chegada de novas variantes resistentes ás vacinas.

"Que unha variante sexa pouco transmisible non impide que sexa máis virulenta e ao contrario tamén. O virus é probable que quede con nós, vai ser parte da poboación. Que sexa endémico e non pandémico depende do noso comportamento", di o investigador galego.

Insiste en que case con toda probabilidade teñamos que incluír as vacinas contra a covid no calendario como coa da gripe. Advirte de que a aparición de coinfeccións virais é normal, polo que casos de gripe e covid, por exemplo, serán frecuentes, e poden ser máis perigosos en persoas con patoloxías previas.

Carlos Pereira di que para controlar a pandemia hai que apostar por evitar os contaxios e polo seguimento exhaustivo deles cando aparezan.

"Non podemos relaxarnos como pasou no Nadal. As restricións, aínda que para os epidemiólogos se poidan considerar leves, serán suficientes sempre que manteñamos a máscara e a distancia de seguridade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar