Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Sainz e Lucas Cruz retíranse do Dakar

Carlos Sainz e Lucas Cruz retíranse do Dakar

Os danos sufridos polo chasis do Audi RS Q e-tron foron irreparables

Volverán mañá a España

G24.gal 10/01/2023 19:33 Última actualización 10/01/2023 19:39

Carlos Sainz e Lucas Cruz retíranse do Rally Dakar. Os danos sufridos polo chasis do Audi RS Q e-tron foron irreparables. Eles están ilesos, pero doloridos. Volverán mañá a España.

No quilómetro 5 da novena etapa o Matador corría por unha zona de dunas a bo ritmo ata que chegou con demasiada velocidade a un pequeno alto que parecía inofensivo pero acabou sendo a tumba dos españois.

Saltou e aterrou dando un golpe seco ao morro, que se cravou na area volteando ao coche ata deixalo coas rodas para arriba.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos