Castro e Ourense deleitan (3-3) na estrea da liga feminina de fútbol sala
Castro e Ourense deleitan (3-3) na estrea da liga feminina de fútbol sala
As ourensás adiantáronse en tres ocasións ás que respondeu o equipo local que se estreaba na categoría
A División de Honra feminina de fútbol sala comezou cun derbi galego que resultou espectacular. O debutante Castro e o Ourense empataron a tres goles.
Sempre foron por diante as ourensás pero a cada gol respostou o cadro lucense. Sara Moreno foi a primeira en marcar cun gran lanzamento logo dun saque de curruncho. O empate, antes do descanso, acadouno Patri Corral.
Na segunda metade chegou a xogada do partido, cunha gran acción de Ana Rivera culminada por Candela Soria. Volveu a empatar Luisa Mayara pero pouco lle durou a alegría ao Castro. Só un minuto despois Chiky anotaba o 2-3. A falta de cinco minutos para o final a brasileira Daniela Sousa facía o definitivo empate (3-3).