Cargando resultados...
Centos de manifestantes asaltan a Bolsa de París
Centos de manifestantes asaltan a Bolsa de París
Continúan as protestas en Francia contra a reforma das pensións de Macron
Para o vindeiro 1 de maio está convocada a seguinte xornada de protestas
G24.gal
21/04/2023 09:08
A décimo terceira xornada de protestas en Francia contra a reforma de pensións de Macron tivo como obxectivo a empresa que xestiona a Bolsa de París. Centos de manifestantes asaltaron o vestíbulo do edificio do operador Euronext con bengalas e pancartas e coreando consignas contra o argumento do Goberno francés de que non hai cartos para financiar as pensións.
Coa reforma xa aprobada e validada polo Consello Constitucional, a vindeira gran protesta está convocada para o vindeiro 1 de maio.