Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chacón certifica a permanencia dun Arenteiro que ten marxe para soñar

Chacón certifica a permanencia dun Arenteiro que ten marxe para soñar

Os do Carballiño pasan a barreira dos 40 puntos e afastan un rival pola permanencia

Cuarta vitoria lonxe de Espiñedo para os de Javi Rey

G24.gal 23/03/2024 21:52

O milagre do Arenteiro continúa na Primeira Federación. Os do Carballiño gañaron no campo do Sabadell cun gol de Luís Chacón na primeira metade e suman 43 puntos, unha cifra que adoita garantir a permanencia na categoría. 

Foi outro partido da "factoría Arenteiro", cunha disposición táctica sobresaínte, concedendo moi pouco ao rival e tirando proveito dos achegamentos que tiveron sobre a portería de Ortolá. Nunha desas oportunidades apareceu a estrela do cadro verde, o ferrolán Chacón, para marcar o único tanto do encontro. 

Na segunda metade houbo momentos de sufrimento diante dun rival que se está a xogar a permanencia pero unhas veces o desacerto local, outras o tino da defensa e as paradas de Diego García foron dabondo para manter a porta a cero e meter tres puntos máis no cabazo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos