O Arenteiro rescata un empate ante o Osasuna B (1-1)
O Arenteiro rescata un empate ante o Osasuna B (1-1)
Os goles chegaron nos minutos finais e os gardametas foron os protagonistas
O conxunto ourensán mantense terceiro clasificado e dentro dos postos de fase de ascenso
O Arenteiro conseguiu empatar o seu encontro ante o Osasuna B nos últimos minutos e levar un punto moi importante na loita polo ascenso. Na primeira metade mantívose o empate a cero no marcador grazas as actuacións de Diego García e Pablo Valencia, que fixeron grandes intervencións e evitaron as anotacións rivais.
Os goles chegaron nos minutos finais e serían os pamplonenses os que se adiantarían. Dani Sancho foi o encargador de marcar o gol visitante que achegaba ao Osasuna B aos postos de arriba. Sen embargo, no minuto 88, Martín Solar puxo a igualada final mantendo ao equipo ourenseán terceiro na clasificación.