Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chamosa e Navarrete acadan medalla no Campionato de España de atletismo

Chamosa e Navarrete acadan medalla no Campionato de España de atletismo

Antía Chamosa acadou a prata nos 10 km marcha

Ester Navarrete logrou o bronce na proba dos 5.000 metros

G24.gal 30/07/2023 09:25

Dúas medallas para o atletismo galego na xornada do sábado do campionato de España que se está a celebrar na localidade valenciana de Torrent. 

Na sesión de noite o éxito foi para Ester Navarrete. A galega acadou a medalla de bronce nos 5.000 metros cunha marca de 16:45:15, a cinco segundos da gañadora, Marta García, e a só tres da prata.

Na xornada de mañá Antía Chamosa fixérase coa prata nos 10 quilómetros marcha coa súa mellor marca da temporada. A atleta do S. G. Pontevedra acabou cun tempo de 45:39, a 37 segundos da gañadora María Pérez. 

A xornada do domingo pode ser propicia para o atletismo galego coa participación de Carmen Sánchez Parrondo na xavelina, Belén Toimil en lanzamento de peso, Ana Peleteiro no triplo salto ou Adrián Ben nos 800 metros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos