Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yulenmis Aguilar clasifícase para a final de lanzamento de xavelina

Yulenmis Aguilar clasifícase para a final de lanzamento de xavelina

A atleta residente na Coruña conseguiu unha marca de 61,95 metros

O sábado loitará polas medallas a partir das 19:30

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 07/08/2024 18:10

Yulenmis Aguilar logrou pasar á final olímpica de lanzamento de xavelina logo de conseguir unha marca de 61,95 metros.

Á atleta española bastoulle o seu primeiro intento para conseguir un oco na final do vindeiro sábado. A pesar de non mellorar o seu rexistro nos seus dous posteriores lanzamentos, a atleta de orixe cubana non tivo problema en pasar de rolda.

Aguilar clasificouse no sexto posto da súa semifinal a só 3 metros e medio da lanzadora polaca Maria Andrejczyk, quen logrou a mellor marca da mañá logo de lanzar para 65,52 metros. Asentada na Coruña desde hai 4 anos, procurará o sábado 10 unha nova medalla para o atletismo español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade