Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chamosa, Tariku e Adrián Ben estarán no Mundial de atletismo en Budapest

Chamosa, Tariku e Adrián Ben estarán no Mundial de atletismo en Budapest

España acode con 56 atletas, tres deles galegos

G24.gal 03/08/2023 15:01

A representación galega no Mundial de atletismo de Budapest (do 19 ao 27 de agosto) estará composta por tres atletas. Caen da lista Ana Peleteiro, por decisión propia, e Belén Toimil que non acadou a marca mínima para ir. Os seleccionados son Adrián Ben, Antía Chamosa e Tariku Novales. 

Adrián Ben gañou a súa presenza no 800 pola porta grande. Proclamouse campión de España e buscará a marca que lle permita estar nos Xogos Olímpicos (xa acadou a mínima para o 1.500). 

Antía Chamosa quedou subcampioa nos 20 quilómetros marcha e tentará seguir progresando na especialidade con esta experiencia internacional. O seu soño é estar algún día nuns Xogos Olímpicos. Chamosa e María Pérez serán a representación española. 

Tamén ten a mínima olímpica Tariku Novales logo do tempo feito ao comezo da temporada no maratón de Valencia. Foi un dos seleccionados na longa distancia xunto a Lamdassen e Chakir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade